miércoles, 9 de junio de 2010

EXPERIMENTOS: O PH DA TERRA...


Por fin, despois de conseguir todo, o día 8 empezamos o experimento e seguimos o día 9... Primeiro comprobamos que pasa con auga e limón, ácido, con auga e bicarbonato, alcalino, e auga e vinagre, ácido... As tiras trocaron de cor, deste xeito... ácido: vermello amarronado intenso, alcalino: verde-azulado intenso...
Trouxemos terra de distintos lugares, coas súas etiquetas...
Metimos unha parte de terra por 2 de auga destilada nun bote e revolvimos ben...
Metimos unha tira en cada unha desas augas e logo comparamos as cores coas mostras que viñan na caixas das tiras... e saíronnos todas as terras que trouxemos entre 5 e 7 de PH. O 0 é o máis ácido e o 14 é o máis alcalino.

As tiras véndense en droguerías e farmacias, tamén preguntamos nas cooperativas... pero nós non atopamos e gracias a Teresa, a nai de Mateo, conseguimos as suficientes para facer o experimento...
Por certo, fixémolo tamén con area de Canarias que trouxera David e deu 7 de PH. Laura Cada un preparou unha ficha cos resultados da terra que trouxera. A Laura a de Outeiro deulle 6 e a do monte 5.
E logo a terra sobrante botárona na horta.

No hay comentarios: